27/4/08

Los libros de la almohada


Este libro de X.A. Neira Cruz de momento só o atoparemos en edición non venal, porque era o regalo de Nadal de Anaya. Esperemos que a editora teña a ben publicalo para a venda e que así un maior número de lectores poidan disfrutar dunha obra íntima e lírica que nos prende dende a primeira liña.
A morte dunha anciá de orixe chinesa e os ritos de loito nos conducen á súa herdanza: os libros que mantén na almofada.
Simplemente delicioso, para esquencer durante un rato o noso ritmo de vida e degustar unha prosa suxerente.
A edición do libro, moi coidada nas ilustracións e na portada de cartoné forrado de tea negra, non puido ser reproducida.

Firmin


Este libro encantador mostra a experiencia lectora dunha rata. Só para abrir boca:
"Al principio me limitaba a comer, royendo y masticando, tan feliz, siguiendo los dictados de mi gusto. Pero pronto empecé a leer, un poco por aquí, otro poco por allá en los bordes de mis comidas. Y según transcurría el tiempo fui leyendo más y masticando menos, para terminar pasándome prácticamente todas las horas de vigilia leyendo y comiéndome sólo los márgenes. Y, ay, ¡cuánto lamenté entonces aquellos horribles agujeros! De algunos títulos no había más que un ejemplar, y tuve que esperar años para rellenar los huecos. No me enorgullezco de ello." Páxs. 35-36.

En el bosque


Este álbum de Anthony Browne (o autor de Willy) incorpora variadas referencias gráficas dos contos clásicos, por iso no percorrido do neno ate a casa da avoa, atravesa o bosque e nel os medos ilústranse na fogata de Hänsel e Gretel, no zapato de vidro, nos tres osos, na trenza de Rapunzel... Todo un exercicio de inxenio para pequenos e maiores.

Días de Reyes Magos


Un adolescente non lector sufrirá unha confabulación familiar que o levará por camiños de lectura. Os exemplares chegaránlle ao seu buzón, á súa cama... no momento xusto en que precisa un texto determinado. Neste proceso de desconcerto que é a adolescencia, o xoven irá recibindo cordas nas que anclarse ao mundo.
Esta é unha xoia na que os lectores síntense reconfortados.

O único que queda é o amor


Os dous relatos -que abren e pechan o libro- baséanse na relación das personaxes cos libros. No primeiro unha muller que acude diariamente á librería próxima á súa oficina atopará mensaxes de amor en clave literaria, un verso, unha estrofa, un fragmento que a orientan nas súas lecturas; aínda que ela non saberá quen lle proporciona este momento diario de pracer.
No último relato un home decide empapelar a cidade con anuncios que só recollen fragmentos dos libros que o emocionan.

Los narradores cautivos


Varios investigadores de Literatura son secuestrados nun hotel en Exipto. Para alixerar a tensión deciden ir contando historias e así mostran un resumo dos argumentos das obras máis coñecidas da Literatura Universal dende a Odisea ate O Decamerón, libro no que se basea.

La sombra del viento


Daniel Sempere atopará no Cementerio de los Libros Olvidados o único exemplar dunha novela. Este feito o levará a investigar sobre o misterioso autore, de paso, coñeceremos o mundo das librerías, das tertulias literarias e a vida en Barcelona dende a posguerra.

Dónde crees que vas y quién te crees que eres


Un xogo de textos no que as diferentes tintas sirven para marcar o libro que está a ler a personaxe dentro da obra -como en La historia interminable (se queres comentalo mira no historial en xaneiro)- Un texto de difícil lectura pola metaliteratura, as referencias a clásicos literarios xuvenís pero impecable na súa factura e na prosa fluída. Unha das poucas (dor desgracia) incursións de Benjamín Prado na literatura xuvenil.

Mensaje cifrado


A mensaxe que un avó deixa ao seu neto está cifrada en clave de xogo da oca. Santiago deberá descubrir o código para recuperar a herdanza e descubrir o pasado do seu avó.

Memorias de Idhún I: La Resistencia


Nesta primeira entrega da triloxía, Laura Gallego establece o marco no que se moverán Jack e Victoria, dous adolescentes, habitantes da Terra e descoñecedores que que o seu destiño é recuperar Idhún, unha vez que caeu en mans de Ashram o Nigromante. Neste relato fantástico caberán a amistade, o amor, a madurez, o heroísmo e a loita do Ben contra o Mal.
A páxina oficial é

El curioso incidente del perro a medianoche


Un rapaz autista conta a súa visión da vida; incorporándonos a unha percepción diferente da realidade.
O libro sorprende pola prosa cortante, descargada de afáns retóricos.