7/2/12

Calzados Lola, de Suso de Toro

En xaneiro unha das lecturas escollidas foi Calzados Lola, ca cal puidemos gozar dun coloquio co seu autor, Suso de Toro.
Calzados Lola é unha novela policíaca na cal os sentimentos dos protagonistas nos van levando a través da historia.
Nela os protagonistas, uns irmáns dunha vila mariñeira, descobren a verdadeira historia da súa familia tralo suicidio da súa nai.
Descúbrenos tamén os sentimentos dun emigrante galego que renega das súas orixes e a inestable relación que manteñen dúas persoas de clases sociais diferentes, ademáis de tratar temas tabú como o incesto.
Ó meu parecer foi unha novela interesante e moi moi entretida, ó igual que a charla co autor, co cal compartimos opinións e diversos puntos de vista sobre os temas tratados na novela.



Patricia, membro do clube de lectores NA Estrada-525.

Mensajes, de Mariano Casas en decembro

Mensajes  é un comic breve do autor de procedencia madrileña Mariano Casas, profesor no IES Manuel García Barros e membro do club de lectura NA Estrada-525. Este libro preséntanos un futuro distópico, preto da fin, no que unha parella se ve obrigada a sobrevivir en condicións extremas (encerrados e sen apenas víveres). Pero, máis que iso, Mensajes é unha obra que nos conciencia sobre a importancia de deixar constancia dos nosos actos, ademáis de ofrecer unha interesante perspectiva sobre como se deben narrar. Un estilo visual minimalista completa esta obra.