18/11/09

Frankenstein, de Mary W. Shelley

Esta novela do Romanticismo é un clásico da literatura de terror que aborda un tema de absoluta actualidade: a investigación científica aplicada á creación humana (chamémoslle clonación, células nai ou selección xenética).
Victor Frankenstein é un investigador que pretende crear un ser vivo a partir de restos de cadáveres, pero unha vez que o consegue se lle plantexan toda unha serie de dúbidas morais sobre o acto, máxime cando a súa criatura comenza a pensar, falar e desexar unha compañeira...
As relacións amistosas, familiares e sentimentais (que tamén as hai na obra), a concatenación de catástrofes e o medo acuciante vas ter que lelos; porque non chos podemos contar, hai que sentilos!

2/11/09

Freda


Esta é unha das novas adquisicións da biblioteca do MGB. Ao longo das viñetas en branco e negro desenvólvese unha historia de emigración, de desarraigo, de carencias afectivas tanto no país de acollida coma na terra natal á que se retorna. Para non perdelo!