15/11/11

"Anxos en tempos de chuvia", en novembro


Outro ano máis retomamos o club de lectura NA Estrada-525. Desta vez, o libro lido foi Anxos en tempos de chuvia, de Miguel Vázquez Freire, quen nos acompañou durante a reunión. Houbo opinións, comentarios e dúbidas variados dos lectores: a miña dúbida particular foi por que estaba escrito en segunda persoa, e o autor contestou que era unha forma máis de narrar os feitos, e que ao final do libro esa segunda persoa xoga un importante papel na trama como nos decatamos ao chegar ao último capítulo.
A reunión desenvolveuse arredor dos temas do alcohol e a condución, de como o autor comezou a escribir o libro e cal foi a súa principal motivación: todo ten gran relevancia para comprender mellor a obra. Nela Anxos, unha rapaza relixiosa e coidadosa, que aínda se está buscando a si mesma, morre nun accidente de tráfico con outros tres rapaces; na súa habitación queda un diario persoal que comezara a escribir, e no que recolle as súas reflexións e pensamentos. Moncho, irmán de Anxos, encontra o diario mentras indaga no verdadeiro motivo da súa morte, xa que non lle parece que encaixe coa súa querida irmá. Comezará entón unha busca da verdade que, mais que unha investigación policíaca, será un proceso de aceptación de quen foi Anxos.
É unha lectura amena, aínda que moitos nos queixamos do pouco que se reflectía o galego falado polos mozos. Ademais, na miña opinión, faltoulle algo á trama para engancharme: segundo Vázquez Freire tratábase, a fin de contas, de que “Moncho non se convertise nun policía”.
Paula Romero, membro do club de lectura NA Estrada-525

28/6/11

La casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca

El libro me pareció bastante impactante y constructivo. Ver cómo era la vida de muchas mujeres de esa época me hizo darme cuenta de la suerte que tenemos hoy en día.
El personaje que más me ha gustado ha sido Adela, por su valentía a la hora de intentar romper con lo establecido y sus ansias de libertad, aunque al final acabara suicidándose.
Me han sorprendido cosas como lo de tapiar puertas y ventanas por un luto, o cuando las mujeres tenían que retirarse después de la misa, mientras los hombres se quedaban charlando.
En cuanto al personaje de Pepe el Romano sólo destacaría la manera que Lorca lo deja entrever, pero sin profundizar mucho en su personalidad, centrándose más bien en cómo lo veían las hermanas.

Nada más que añadir, sólo decir que me entristece de veras no poder asistir a la reunión, ya que este es un libro que me gustaría comentar con el resto de compañeros.

Patricia Calviño; miembro del Club de lectura NA Estrada-525

21/5/11

A praia dos afogados, de Domingo Villar.

O libro que lemos no mes de Abril foi ''A praia dos afogados'' do amplamente coñecido escritor Domingo Villar. Nesta obra, o autor narranos os traballos polos que teñen que pasar os protagonistas, o inspector Leo Caldas e mailo seu axudante Rafael Estévez, para esclarecer a extraña morte dun mariñeiro da pequena vila de Panxón, preto de Vigo. Ademais da tarde de discusión lectora e dos bos momentos pasados lendoo, a lectura deste libro implicou participar nun fermoso roteiro polas terras que se amosan no libro e pasar unha entretida tarde cos amigos na fermosa vila de Panxón.




Javier, membro do clube de lectores NAEstrada-525

27/3/11

Cometas en el cielo, de Khaled Hosseini

No mes de Marzo, a lectura escollida foi "Cometas en el Cielo" do escritor afgano Khaled Hosseini.
A novela é dura, moi dura, pero ó mesmo tempo, moi fermosa. Trata temas como a desigualdade entre sexos, a discriminación entre razas, a amizade e a crueldade dunha guerra. Todo isto tendo como escenario o país de Afganistán. A personaxe principal é Amir, e vemos a súa vida dende que é neno ata que xa é adulto. 
A novela non é, ao meu parecer,  recomendable para persoas sensibles, xa que non serán capaces de conter as bágoas.



Xoana, membro do clube de lectores NAEstrada-525

20/2/11

No pasó nada, de Antonio Skármeta

No mes de Febreiro, a lectura escollida foi "No pasó nada" de Antonio Skármeta.
Nel cóntase a historia do exilio da familia de Lucho, dende Chile ata Alemania, sempre visto dende o punto de vista do rapaz.
A verdade e que é un libro moi curto, moi entretido e facil de ler, a min gustoume moito esa forma de escribir a historia, porque é como se estivese falando o rapaz todo o tempo directamente co lector .
A historia ten poucos personaxes, pero os máis importantes son Lucho e a súa familia.
É un libro verdadeiramente interesante, porque nel refléxanse os medos, inseguridades e a morriña que as persoas sofren ó ter que deixar o seu país e, paralelamente, conta a historia de Lucho, de como cando chegou era un rapaz pequeno, a como vai medrando e pasando por diferentes etapas e situacións.
En definitiva, é un libro que vos recomendo a todos, moi fácil de leer e de seguir a historia.


Iago Fernández, membro do clube NAEstrada-525

Nos comentarios atoparás a recensión de Laura Carrillo, membro do club de lectura.

29/1/11

"Orgullo y prejuicio" de Jane Austen


No noso club de lectura comezamos o ano da mellor maneira posible. O libro escollido para este mes foi Orgullo y Prejuicio, de Jane Austen. Este clásico da literatura anglosaxona introdúcenos no ambiente da campiña inglesa, presentándonos a personaxes dispares e ben definidos, entre os que destacan Elizabeth Bennet e o señor Darcy, protagonistas da historia.

O personaxe de Elizabeth (ou Lizz) destaca pola súa sensatez e madureza, así como pola súa intelixencia, o que contrasta co comportamento das súas irmás máis novas. En canto a Darcy, móstrase como un home arrogante e demasiado orgulloso, pero que no fondo oculta un corazón desbordante de bos sentimentos.

Para complementar a lectura desta obra e poder analizala desde diversos puntos de vista, vimos algúns fragmentos da película homónima dirixida por Joe Wright en 2005, e tamén da serie producida pola BBC en 1995.

Marta, membro do club de lectores NA Estrada-525