5/5/12

Abril de Tiempo de silencio e Cuentos de otoño

No mes de abril houbo dúas propostas, unha máis sinxela para os membros de 2º de ESO Cuentos de otoño e outra máis complexa para os de 2º de Bacharelato, Tiempo de silencio. Os de 4º de ESO debían optar pola opción que se axustara aos seus desexos.
Nunca se nos dera o caso de que ningún dos rapaces disfrutase da selección, uns por considerala demasiado infantil, e outros porque non conseguiron pasar das 20 primeiras páxinas... Para aminorar o fracaso da lectura, disfrutamos das tartas de aniversario de tres membros do club (cáseque todas preparadas por eles) e compartimos charla sobre as obras protagonizadas por animais.  Ademais algúns dos compañeiros foron aportándonos as súas recomendacións lectoras, aínda que logo ninguén as escribiu para compartilas co resto do centro.

En marzo, El cartero de Neruda

Febreiro-marzo foi a época que algúns dos lectores do clube dedicamos a ler El cartero de Neruda do escritor chileno Antonio Skármeta. Unha novela breve, de rápida lectura, amena, para algúns divertida e para outros simple que trata a época dos anos 70 de Chile, a piques de producirse o golpe de Estado que derrocaría a Allende días antes da morte do poeta Pablo Neruda, a redor do que se desenvolve a historia. O protagonista, Mario Jiménez, convírtese no carteiro do poeta cara o cal sinte una grande admiración e co que comeza unha amizade que marcou os últimos días de vida de Neruda e o desenlace da historia. Gracias á súa labor de carteiro, Mario comeza a coñecer en persoa ao poeta, que ocorre na súa vida e consigue que o axude a conseguir o consentemento de doña Rosa viúva de González para casar ca súa filla. Non só El cartero de Neruda foi un entretemento pola forma dos diálogos, senón que desa maneira Skármeta logrou mostrar como as estreitas relacións entre persoas poden levar a paraderos inesperados.
Paula Romero, membro do Club de lectura