23/1/08

Tintín en el Congo


Tintín, o reporteiro, viaxará ao centro de África acompañado das persoaxes xa coñecidas: ó inseparable Milú, o capitán Haddock...
Esta obra de Hergé recibiu (e recibe) numerosas críticas porque a visión que se ofrece do Congo e das súas xentes é abertamente racista. Recordade que, na época en que se publicou, o Congo aínda era unha colonia de Bélxica, país do autor.

Luces del Norte


Pullman mostra nesta primeira entrega da súa triloxía "La materia oscura" as bases que conformarán o seu universo narrativo: Lyra, unha rapaza, deberá salvar o seu mundo, que corre o perigo de desaparecer, xa que o Magisterio pretende que os rapaces sufran a tortura de verse sen o seu daymon...
A versión cinematográfica, recentemente estreada, titúlase La brújula dorada.

La guerra del fútbol


Os resultados dun partido de fútbol entre El Salvador e Honduras deron lugar a unha longa guerra a finais dos anos 60. A partir deste dato histórico, Kapuscinski, xornalista ben informado, mostra a realidade social que estaban a vivir estes países: a miseria, a corrupción...

La ciudad de las Bestias


Esta é a primeira entrega da triloxía "Águila y Jaguar", na que o xoven Alexander e a súa intrépida avoa percorren América do Sur, África e Asia. Nesta novela neto e avoa, acompañados de Nadia, deberán descubrir as oscuras razóns que se ocultan baixo a forma da Besta lexendaria do Amazonas.

La historia interminable


Bastián Baltasar Bux quedará atrapado nas páxinas dun libro e terá que axudar aos protagonistas da novela a recuperar o seu mundo perdido...

No pasó nada, de A. Skármeta


Unha familia chilena debe abandonar o seu país cando Salvador Allende é asesinado e sube ao poder Augusto Pinochet. A difícil integración dos rapaces na sociedade alemá é o tema desta novela.

Diarios de motocicleta


Ernesto "Che" Guevara e un amigo recorren Latinoamérica para aprender cómo vive a xente, os seus costumes, necesidades... A viaxe será un percorrido polas diferentes culturas e persoas. A présa non será a súa preocupación.

El aprendiz de Stanley


Un expedicionario conta a súa viaxe por África seguindo os pasos do famoso Stanley. Acompañado da súa muller e da súa cuñada sufrirán a soidade, as enfermidades, a angustia e despertarán á madurez...

13/1/08

Seda


Esta obra será unha das comentadas na próxima reunión do Club de lectores, pero por se queres ir abrindo boca... Un comerciante recorre toda Europa e Asia na procura dos mellores exemplares de gusanos de seda. No camiño atopará experiencias persoais inesquencibles como o amor.

Odisea


Unha lectora sacou a colación a obra clásica da Odisea, que sen dúbida é unha obra de viaxes, na que Ulises (Odiseo) deberá mostrar toda a súa astucia e intelixencia para voltar a casa tras enfadar aos deuses. Esta obra é primordial na nosa cultura occidental xa que da lugar a múltiples recreacións da historia, dende películas, cancións, ate obras literarias, entre as que destaca o Ulises de James Joyce.

Delicioso suicidio en grupo


Nesta obra do recoñecido escritor finlandés Arto Paasilinna, mostra con humor unha problemática social nos países nórdicos: a alta incidencia de suicidios.
Se desexas ler outros títulos do autor, xa están traducidos El molinero aullador e El año de la liebre.

Todos los puertos se llaman Helena


Unha familia recorre nunha barcaza os ríos europeos...
Tes versión en galego, publicada por Xerais, na colección Fóra de xogo.

A expedición do Pacífico


Unha obra indiscutible de viaxes, onde unha rapaza contará a súa experiencia como membro da expedición científica que durante dous anos recorre as costas americanas...

En el camino


Sobre esta obra os lectores comentaron a dureza da súa prosa...