
Trátase dun libro curto, de apenas 65 capítulos pouco extensos, nos que relata moitas cousas moi lentamente e ao mesmo tempo outras moi rápido. Realmente este libro gustoume moito, levoume apenas unha hora e media (xa que tiña a música de fondo e estaba atendendo outras cousas en internet).
Ten apenas 4 personaxes principais e outros tantos secundarios. O protagonista ía ser militar pero dedicouse ao comercio de gusanos de seda por recomendación dun coñecido. Ao principio só comerciaban con gusanos do sur de Francia, pero as enfermidades mataban á gran maioria da producción, por iso chegou ata o Xapón. Realizou 4 viaxes para traer os mellores gusanos de seda. Alí transcurren uns acontecementos que lle obligan a volver. A sua vida finaliza tranquila no seu parque, ao lado do seu lago que lle recordaba a súa vida.
É un libro que se pode ler tranquilamente nunha hora, aínda que hai que estar moi atento porque hai elementos cruciais que son vitais para comprender o final, (sobre todo algúns signos de puntuación).
Iván Pérez Domínguez, membro do clube de lectores NAEstrada-525.