14/01/12
Mensajes, de Mariano Casas en decembro
Mensajes é un comic breve do autor de procedencia madrileña Mariano Casas, profesor no IES Manuel García Barros e membro do club de lectura NA Estrada-525. Este libro preséntanos un futuro distópico, preto da fin, no que unha parella se ve obrigada a sobrevivir en condicións extremas (encerrados e sen apenas víveres). Pero, máis que iso, Mensajes é unha obra que nos conciencia sobre a importancia de deixar constancia dos nosos actos, ademáis de ofrecer unha interesante perspectiva sobre como se deben narrar. Un estilo visual minimalista completa esta obra.
15/11/11
"Anxos en tempos de chuvia", en novembro
Outro ano máis retomamos o club de lectura NA Estrada-525. Desta vez, o libro lido foi Anxos en tempos de chuvia, de Miguel Vázquez Freire, quen nos acompañou durante a reunión. Houbo opinións, comentarios e dúbidas variados dos lectores: a miña dúbida particular foi por que estaba escrito en segunda persoa, e o autor contestou que era unha forma máis de narrar os feitos, e que ao final do libro esa segunda persoa xoga un importante papel na trama como nos decatamos ao chegar ao último capítulo.
A reunión desenvolveuse arredor dos temas do alcohol e a condución, de como o autor comezou a escribir o libro e cal foi a súa principal motivación: todo ten gran relevancia para comprender mellor a obra. Nela Anxos, unha rapaza relixiosa e coidadosa, que aínda se está buscando a si mesma, morre nun accidente de tráfico con outros tres rapaces; na súa habitación queda un diario persoal que comezara a escribir, e no que recolle as súas reflexións e pensamentos. Moncho, irmán de Anxos, encontra o diario mentras indaga no verdadeiro motivo da súa morte, xa que non lle parece que encaixe coa súa querida irmá. Comezará entón unha busca da verdade que, mais que unha investigación policíaca, será un proceso de aceptación de quen foi Anxos.
É unha lectura amena, aínda que moitos nos queixamos do pouco que se reflectía o galego falado polos mozos. Ademais, na miña opinión, faltoulle algo á trama para engancharme: segundo Vázquez Freire tratábase, a fin de contas, de que “Moncho non se convertise nun policía”.
Paula Romero, membro do club de lectura NA Estrada-525
28/06/11
La casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca
El libro me pareció bastante impactante y constructivo. Ver cómo era la vida de muchas mujeres de esa época me hizo darme cuenta de la suerte que tenemos hoy en día.El personaje que más me ha gustado ha sido Adela, por su valentía a la hora de intentar romper con lo establecido y sus ansias de libertad, aunque al final acabara suicidándose.
Me han sorprendido cosas como lo de tapiar puertas y ventanas por un luto, o cuando las mujeres tenían que retirarse después de la misa, mientras los hombres se quedaban charlando.
En cuanto al personaje de Pepe el Romano sólo destacaría la manera que Lorca lo deja entrever, pero sin profundizar mucho en su personalidad, centrándose más bien en cómo lo veían las hermanas.
Nada más que añadir, sólo decir que me entristece de veras no poder asistir a la reunión, ya que este es un libro que me gustaría comentar con el resto de compañeros.
Patricia Calviño; miembro del Club de lectura NA Estrada-525
21/05/11
A praia dos afogados, de Domingo Villar.
O libro que lemos no mes de Abril foi ''A praia dos afogados'' do amplamente coñecido escritor Domingo Villar. Nesta obra, o autor narranos os traballos polos que teñen que pasar os protagonistas, o inspector Leo Caldas e mailo seu axudante Rafael Estévez, para esclarecer a extraña morte dun mariñeiro da pequena vila de Panxón, preto de Vigo. Ademais da tarde de discusión lectora e dos bos momentos pasados lendoo, a lectura deste libro implicou participar nun fermoso roteiro polas terras que se amosan no libro e pasar unha entretida tarde cos amigos na fermosa vila de Panxón.
Javier, membro do clube de lectores NAEstrada-525
Javier, membro do clube de lectores NAEstrada-525
27/03/11
Cometas en el cielo, de Khaled Hosseini
A novela é dura, moi dura, pero ó mesmo tempo, moi fermosa. Trata temas como a desigualdade entre sexos, a discriminación entre razas, a amizade e a crueldade dunha guerra. Todo isto tendo como escenario o país de Afganistán. A personaxe principal é Amir, e vemos a súa vida dende que é neno ata que xa é adulto.
A novela non é, ao meu parecer, recomendable para persoas sensibles, xa que non serán capaces de conter as bágoas.
Xoana, membro do clube de lectores NAEstrada-525
20/02/11
No pasó nada, de Antonio Skármeta
Nel cóntase a historia do exilio da familia de Lucho, dende Chile ata Alemania, sempre visto dende o punto de vista do rapaz.
A verdade e que é un libro moi curto, moi entretido e facil de ler, a min gustoume moito esa forma de escribir a historia, porque é como se estivese falando o rapaz todo o tempo directamente co lector .
A verdade e que é un libro moi curto, moi entretido e facil de ler, a min gustoume moito esa forma de escribir a historia, porque é como se estivese falando o rapaz todo o tempo directamente co lector .
A historia ten poucos personaxes, pero os máis importantes son Lucho e a súa familia.
É un libro verdadeiramente interesante, porque nel refléxanse os medos, inseguridades e a morriña que as persoas sofren ó ter que deixar o seu país e, paralelamente, conta a historia de Lucho, de como cando chegou era un rapaz pequeno, a como vai medrando e pasando por diferentes etapas e situacións.
En definitiva, é un libro que vos recomendo a todos, moi fácil de leer e de seguir a historia.
Iago Fernández, membro do clube NAEstrada-525
Nos comentarios atoparás a recensión de Laura Carrillo, membro do club de lectura.
29/01/11
"Orgullo y prejuicio" de Jane Austen

No noso club de lectura comezamos o ano da mellor maneira posible. O libro escollido para este mes foi Orgullo y Prejuicio, de Jane Austen. Este clásico da literatura anglosaxona introdúcenos no ambiente da campiña inglesa, presentándonos a personaxes dispares e ben definidos, entre os que destacan Elizabeth Bennet e o señor Darcy, protagonistas da historia.
O personaxe de Elizabeth (ou Lizz) destaca pola súa sensatez e madureza, así como pola súa intelixencia, o que contrasta co comportamento das súas irmás máis novas. En canto a Darcy, móstrase como un home arrogante e demasiado orgulloso, pero que no fondo oculta un corazón desbordante de bos sentimentos.
Para complementar a lectura desta obra e poder analizala desde diversos puntos de vista, vimos algúns fragmentos da película homónima dirixida por Joe Wright en 2005, e tamén da serie producida pola BBC en 1995.
Marta, membro do club de lectores NA Estrada-525
22/12/10
Seda , de Alessandro Baricco
En decembro a lectura escollida foi 'Seda' de Alessandro Baricco.Esta historia está inspirada na vida dun home que se dedica ao mercado dos gusanos de seda.Trátase dun libro curto, de apenas 65 capítulos pouco extensos, nos que relata moitas cousas moi lentamente e ao mesmo tempo outras moi rápido. Realmente este libro gustoume moito, levoume apenas unha hora e media (xa que tiña a música de fondo e estaba atendendo outras cousas en internet).
Ten apenas 4 personaxes principais e outros tantos secundarios. O protagonista ía ser militar pero dedicouse ao comercio de gusanos de seda por recomendación dun coñecido. Ao principio só comerciaban con gusanos do sur de Francia, pero as enfermidades mataban á gran maioria da producción, por iso chegou ata o Xapón. Realizou 4 viaxes para traer os mellores gusanos de seda. Alí transcurren uns acontecementos que lle obligan a volver. A sua vida finaliza tranquila no seu parque, ao lado do seu lago que lle recordaba a súa vida.
É un libro que se pode ler tranquilamente nunha hora, aínda que hai que estar moi atento porque hai elementos cruciais que son vitais para comprender o final, (sobre todo algúns signos de puntuación).
Iván Pérez Domínguez, membro do clube de lectores NAEstrada-525.
19/11/10
La ciudad y los perros de Vargas Llosa

En novembro a lectura escollida foi unha das primeiras novelas do reciente Premio Nobel. Nela preséntase con crudeza a vida no colexio limeño Leoncio Prado, no que están internos os adolescentes protagonistas que sufren as humillacións dun sistema xerárquico que só permite que se salven os mais fortes.
Di Orquídea:
La ciudad y los perros es un libro del último premio Nobel de Literatura: Mario Vargas Llosa. Yo, que soy una humilde lectora más, lo he disfrutado. No lo amé quizá porque no lo leí con la suficiente calma (hay que tener en cuenta que empecé por la noche y lo acabé de leer entre clase y clase), quizá porque me costó mucho adaptarme a su manera de escribir; quizá, simplemente, porque no estoy hecha para leer a Vargas Llosa o quizá porque esos días estaba obsesionada con ver la última película de Harry Potter.
¿Sobre los personajes? Sí, los amé... Alberto, Jaguar y El Esclavo. Alberto es un chico normal, que va al internado para militares... Y un poeta pero no en el sentido estricto de la palabra más bien escribe "novelas" con cierto contenido inadecuado. Jaguar es el jefe del pelotón, protege a sus amigos con lo que puede y un poco más... Pobre Jaguar, si hay un personaje con el cuál empaticé fue él. El Esclavo es un pobre chaval que no quiere pelear, ni discutir él solo quiere sobrevivir.
Ah, y luego esta Teresa. Si alguien la comprende o entiende por qué... Por favor, que me lo explique. Teresa es un personaje que no entendí y que, desde luego, me parece raro.(Sí, solo eso).
Podría decir que es un libro para leer en una tarde y sin mucha complicación pero no es cierto, a este libro hay que dedicarle cada segundo que merece. Hay que parar cada cierto tiempo y recapitular y también hay que estar muy pendiente de los cambios de narración. Hay que estar atento a cada palabra porque podría suponer un punto importante para el final.
Orquídea, membro do club NA Estrada-525
08/11/10
Novidades
O clube de lectura NA Estrada-525 adquiriu moitos títulos de literatura e de cómic que, coma sempre, xa tendes á vosa disposición na Megabiblioteca. Entre eles se vos aconsella a lectura dos cómics El caso del velo, Negrinha, Zits, Autobio, Puta guerra e Todo el polvo del camino que tratan dende o choque intercultural ate a adolescencia, a época da Gran Depresión en EE.UU., a Primeira Guerra Mundial ou o consumo responsable. Na literatura xuvenil atoparedes La evolución de Calpurnia Tate, Chocolate amargo, El vendedor de cuentos, Dos velas para el diablo, El coleccionista de relojes extraordinarios; C, el pequeño libro que aún no tenía nombre, La torre y la isla, El nombre del viento, a triloxía La puerta oscura... e na de adultos A praia dos afogados, Herbamoura, Cometas en el cielo, El tiempo entre costuras, El rescoldo, La ciudad y los perros, El sueño del celta... Mais de 60 títulos!!! Podedes consultalos no catálogo da nosa biblioteca na rede.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



