22/12/10

Seda , de Alessandro Baricco

En decembro a lectura escollida foi  'Seda'  de Alessandro Baricco.Esta historia está inspirada na vida dun home que se dedica ao mercado dos gusanos de seda.

Trátase dun libro curto, de apenas 65 capítulos pouco extensos, nos que relata moitas cousas moi lentamente e ao mesmo tempo outras moi rápido. Realmente este libro gustoume moito, levoume apenas unha hora e media (xa que tiña a música de fondo e estaba atendendo outras cousas en internet). 

Ten apenas 4 personaxes principais e outros tantos secundarios. O protagonista ía ser militar pero dedicouse ao comercio de gusanos de seda por recomendación dun coñecido. Ao principio só comerciaban con gusanos do sur de Francia, pero as enfermidades mataban á gran maioria da producción, por iso chegou ata o Xapón. Realizou 4 viaxes para traer os mellores gusanos de seda. Alí transcurren uns acontecementos que lle obligan a volver. A sua vida finaliza tranquila no seu parque, ao lado do seu lago que lle recordaba a súa vida.

É un libro que se pode ler tranquilamente nunha hora, aínda que hai que estar moi atento porque hai elementos cruciais que son vitais para comprender o final, (sobre todo algúns signos de puntuación).


Iván Pérez Domínguez, membro do clube de lectores NAEstrada-525.

1 comentario:

Mayte Leis dijo...

Nunca consideraría como mérito principal dun libro o escaso tempo de lectura que require... pero nalgúns lecgtores nótase que é prioritario.