14/1/09

O xiro postal

Un feito anecdótico -a recepción dun xiro postal- serve para amosar un retrato pleno da sociedade nos barrios máis pobres dunha cidade. A corrupción entre os funcionarios, as apariencias que ocultan a miseria, as relacións interpersonais...
Unha obra interesante que ben puido formar parte da selección "Outras culturas".

Chesil Beach

Na Inglaterra dos anos 60 unha parella pasa a noite de vodas nun hotel xunto a Chesil Beach. A relación, que parecía perfecta durante o noviazgo, tambaléase.
Podes ler a crítica que Eduardo Mendoza publicou sobre esta novela en El País.

Una lectora nada común

Isabel II comenza a ler e abandona parte das súas ocupacións habituais, porque a lectura a cautiva. As súas relacións sociais transmútanse, xa só busca a compañía doutros lectores que lle suxiran novos textos.

Primavera con una esquina rota

Un preso político e a súa familia nunha indeterminada dictadura en Latinoamérica é o eixo da narración. Diferentes voces narrativas, os membros da familia, relatarán as súas vivencias respecto dese tema. Non debedes perder as intervencións da nena.

El baile

O cambio na economía dunha familia media de principios de século, supón toda unha serie de comportamentos novedosos para incluírse nos círculos da alta sociedade. A problemática relación entre a nai e a filla é o núcleo da narración.
Para non perderla!

Sin noticias de Gurb

Dous extraterrestres son enviados á Terra para estudar os costumes humanos... Un deles adoptará a apariencia de Marta Sánchez para moverse nos arredores de Barcelona.
Unha obra para rir durante un rato. Grazas, Mendoza, sempre atopas as fórmulas da risa entre a crítica social.

Los cachorros

Vargas Llosa afirma que esta obra ten certo carácter autobiográfico, porque el tamén estivo interno nun colexio durante a súa adolescencia. Aquí un grupo de rapaces deberán formarse e aprender as reglas do máis forte para sobrevivir este periodo e acadar a madurez.

Como agua para chocolate

O uso da esaxeración e do realismo máxico fannos esbozar un sorriso ante as calamidades que sufren Tita e Pedro, quenes viven un amor imposibilitado polas tradicións familiares. É tan delicioso que con cada plato que elabora Tita, nós cremos ulir e paladear o manxar.

El hijo del acordeonista

Aínda que esta novela supera o número de páxinas marcado na selección actual, unha lectora do club recomendounos ver outra perspectiva da posguerra: a situación no País Vasco tras a guerra civil española. Atxaga tratou esta mesma temática na novela infantil Memorias dunha vaca.

Los girasoles ciegos


Esta obra xa foi comentada baixo o epígrafe de Guerra civil española (no curso anterior). É delicioso o uso da linguaxe para narrar a cruda situación da poboación nos primeiros anos da posguerra.
Non a perdades!!!

Sostiene Pereira


Pereira, un xornalista a piques de se xubilar, descobre como nesta vida sempre hai que tomar partido. O Portugal da dictadura de Salazar serve de fondo a unha reflexión sobre a soidade.

Relato de un náufrago


García Márquez conta como un personaxe chega tras un naufraxio a unha localidade onde recibe todo tipo de atencións, ate que co tempo, pasa a ser esquencido.

11/1/09

Los papalagi

O xefe samoano Tuiavii de Tiavea, tras recibir a visita de numerosos antropólogos, decide ir persoalmente a comprobar como vive o home branco (os papalagui). Os seus comentarios e reflexións sobre a forma de vida na Europa de principios do século XX fannos rir, porque os costumes que para nós son habituais, el as observa como insólitas. A vestimenta, a vivenda, a moeda... todo é susceptible de ser comentado neses discursos que pronunciará ao regreso ante a súa tribu.
Hai un libro co título de Para raros, nosotros; pois iso.

Babel

O mexicano Alejandro González Iñarritu mostra como un feito puntual entrelaza as historias que transcorren en lugares tan distantes como EE.UU., Xapón, Marrocos e México. Usando secuencias cortas o director cóntanos a historia dunha parella que sufre un accidente cando está de viaxe turístico por Marrocos; mentres os seus fillos, ao coidado dunha mexicana, tentarán pasar a fronteira de EE.UU. a México para acudir a unha boda e, en Xapón, a incomunicación personifícase nun pai e unha filla.
A película non é moi fácil de entender, polos continuos cortes na narración e os flashbacks, pero paga a pena o esforzo. Se che gustou esta película podes ver as dúas anteriores do mesmo director: Amores perros e 21 gramos.

El antropólogo inocente

Un xoven antropólogo que está levando a cabo un traballo de campo en África pasa por experiencias asombrosas, chocantes, hilarantes... As diferencias culturais que el busca aparecen sempre reflectidas con afecto e humor, e do contraste entre o antropólogo occidental, os hutus e os dowaios, o "raro", o diferente, sempre acaba sendo el.

Persépolis

Este cómic, que recibiu todos os grandes premios, mostra a evolución dos últimos anos en Irán. Os vaivéns políticos, que afectan a toda a sociedade, preséntansenos en clave autobiográfica, a través da mirada dunha rapaza de clase alta. A situación da muller neste país convírtese nun tema destacado.
Recorda que o éxito do cómic supuxo que se fixera unha versión cinematográfica, estreada no 2007.

La boda del Monzón

Os casamentos son diferentes en cada cultura: os ritos, a cor das vestimentas... Aquí unha muller decide casar co home escollido pola súa familia (o habitual na India) aínda que ela é unha muller educada e liberal. A comedia viste toda a película de certo aire inxenuo, pero a crítica a moitos aspectos da sociedade hindú actual (as diferencias entre clases sociais, as tradicións obsoletas...) é evidente.

Aroma árabe

Esta novela é unha explosión de sensacións, porque abre todos os sentidos...
Un home visita a súa familia e recupera a súa infancia a través dos relatos que lle contan e dos olores e sabores da cociña tradicional árabe. O relato propiamente dito interrómpese para dar cabida a recetas que poden ser realizadas na casa polo lector@.

Xa sabedes, estades invitados; pero coidado, cada dez páxinas de lectura entran ganas de comer.

Un burka por amor

Baseada na historia real dunha mallorquina namorada dun afgano. Amosa as vicisitudes sufridas para saír de Afganistán e chegar a España, e como despois decide abandonar as comodidades do noso país e voltar cos seus fillos a Afganistán para reencontrarse co seu esposo.

Como saliva en la arena

Na India do século XX (e XXI) a maioría dos casamentos aínda son amañados polas familias cando os contraíntes son menores de idade. Este é o comenzo da novela na que unha xoven hindú escapa ao seu destino de muller casada e tomará camiños sorprendentes.

Unha novela plena de realidade, pero tamén de rebeldía, de madurez persoal...

Un viejo que leía novelas de amor

O protagonista é un home que leva moito tempo vivindo na selva amazónica. O seu coñecemento dos shuar, os nativos, e o seu contacto cos blancos que acuden a El Idilio amosan a confrontación entre diferentes formas de vida.
Unha obra que non debes perder.