Aya, unha adolescente, reside nun suburbio. O seu obxectivo é estudar unha carreira, mentres o afán das súas amigas é casar. Xa están na biblioteca os tomos 2 e 3 desta serie. Se che gustou este, segue lendo!
Mostrando entradas con la etiqueta muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta muller. Mostrar todas las entradas
13/2/09
Aya de Yopougon
Aya, unha adolescente, reside nun suburbio. O seu obxectivo é estudar unha carreira, mentres o afán das súas amigas é casar. Xa están na biblioteca os tomos 2 e 3 desta serie. Se che gustou este, segue lendo!
11/1/09
Persépolis
Este cómic, que recibiu todos os grandes premios, mostra a evolución dos últimos anos en Irán. Os vaivéns políticos, que afectan a toda a sociedade, preséntansenos en clave autobiográfica, a través da mirada dunha rapaza de clase alta. A situación da muller neste país convírtese nun tema destacado.Recorda que o éxito do cómic supuxo que se fixera unha versión cinematográfica, estreada no 2007.
La boda del Monzón
Os casamentos son diferentes en cada cultura: os ritos, a cor das vestimentas... Aquí unha muller decide casar co home escollido pola súa familia (o habitual na India) aínda que ela é unha muller educada e liberal. A comedia viste toda a película de certo aire inxenuo, pero a crítica a moitos aspectos da sociedade hindú actual (as diferencias entre clases sociais, as tradicións obsoletas...) é evidente.
Como saliva en la arena
Na India do século XX (e XXI) a maioría dos casamentos aínda son amañados polas familias cando os contraíntes son menores de idade. Este é o comenzo da novela na que unha xoven hindú escapa ao seu destino de muller casada e tomará camiños sorprendentes.Unha novela plena de realidade, pero tamén de rebeldía, de madurez persoal...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)