11/1/09

Babel

O mexicano Alejandro González Iñarritu mostra como un feito puntual entrelaza as historias que transcorren en lugares tan distantes como EE.UU., Xapón, Marrocos e México. Usando secuencias cortas o director cóntanos a historia dunha parella que sufre un accidente cando está de viaxe turístico por Marrocos; mentres os seus fillos, ao coidado dunha mexicana, tentarán pasar a fronteira de EE.UU. a México para acudir a unha boda e, en Xapón, a incomunicación personifícase nun pai e unha filla.
A película non é moi fácil de entender, polos continuos cortes na narración e os flashbacks, pero paga a pena o esforzo. Se che gustou esta película podes ver as dúas anteriores do mesmo director: Amores perros e 21 gramos.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha das mellores películas que vin no ano 2007, que xunto amores perros e 21 gramos, cerra a miña triloxía preferida.

Mayte Leis dijo...

Está a piques de estrear a súa nova película... Ollo á carteleira!
Mayte