8/11/10

Novidades

O clube de lectura NA Estrada-525 adquiriu moitos títulos de literatura e de cómic que, coma sempre, xa tendes á vosa disposición na Megabiblioteca. Entre eles se vos aconsella a lectura dos cómics El caso del velo, Negrinha, Zits, Autobio, Puta guerra e Todo el polvo del camino que tratan dende o choque intercultural ate a adolescencia, a época da Gran Depresión en EE.UU., a Primeira Guerra Mundial ou o consumo responsable. Na literatura xuvenil atoparedes La evolución de Calpurnia Tate, Chocolate amargo, El vendedor de cuentos, Dos velas para el diablo, El coleccionista de relojes extraordinarios; C, el pequeño libro que aún no tenía nombre, La torre y la isla, El nombre del viento, a triloxía La puerta oscura... e na de adultos A praia dos afogados, Herbamoura, Cometas en el cielo, El tiempo entre costuras, El rescoldo, La ciudad y los perros, El sueño del celta... Mais de 60 títulos!!! Podedes consultalos no catálogo da nosa biblioteca na rede.

24/10/10

Entre contos hispanoamericanos


A selección de relatos de Julio Cortázar e Horacio Quiroga deu para falar da vida na selva, das emocións, da inquietude... Nos textos algúns membros destacaron o uso pautado dos elementos terroríficos, outros o xiro inesperado da trama...
E ti, que suliñas?

20/10/10

Para os contistas do medo

Se alguén tivera que preparar unha lectura de medo, podería ler o conto de Diesteaquí .

12/5/10

Nada , de Carmen Laforet



Nada es un libro muy realista, que representa la realidad de la España de la posguerra, y aunque sea difícil de reconocer, también la realidad de muchos hogares. Por suerte, vamos progresando y cada vez hay menos machismo, pero avanzamos muy despacio. Me gusta el punto de vista que tiene, aunque Andrea es demasiado neutral, y en una ocasión, acaba volviéndose como el resto de la familia.



María.

19/4/10

El Guardián entre el centeno , de J.D. Salinger


El guardián entre el centeno , do "peculiar" autor estadounidense J.D. Salinger (morto recentemente) , trata da historia de Holden Caufield, xove ao que expulsan do instituto no que estudaba interno, e decide vivi-los tres días de vacacións que lle quedan libre e como el queira. Estamos a falar dunha obra única, que conta todo dende a perspectiva febril e maniática de Holden. As súas manías, os seus pensamentos, as súas inquietudes, vense reflexados no desenvolvemento da historia. A obra ten toques de humor, drama, e ¿filosofía?. En definitiva, un libro que non debedes perder.


                                                                                                                    Álvaro.

P.D.: A biografía do curioso escritor J.D. Salinger, aquí. (Wikipedia)

24/3/10

El curioso incidente del perro a medianoche, por Mark Haddon

   El curioso incidente del perro a medianoche  cóntanos a historia de Cristopher Boone, un rapaz de 15 anos un tanto especial: ten memoria fotográfica, é incapaz de mentir  e  vai a unha escola para estudiantes con "necesidades especiais" (un eufemismo que detesta). E é que Cristopher padece o Sídrome de Asperger. Por ese motivo, non soporta que as cousas saian da súa orde específica e ten problemas co contacto físico. Pero un día ocorre algo completamente inesperado: atopa ao can da súa veciña, Wellington, morto e atravesado por unha forca de xardín. Cristopher decídese a facer unha novela policíaca usando o asasinato do can como argumento e misterio principal, contándonos os segredos da súa vida e a súa personalidade. Misterio, drama e, sí, un belisco de humor nesta obra indispensable.


                                                            Álvaro
Información adicional:
Síndrome de Asperger en Wikipedia (castelán)
Síndrome de Asperger en Wikipedia (galego, menos completo)

15/1/10

Sin vuelta atrás de Sierra i Fabra

Os lectores comentan:

Este libro refleja la vida escolar, centrándose solo en la violencia de un grupo hacia otro y la ignorancia de ello por parte de otros.La muerte de Jacinto hace sentir lo mal que una persona lo está pasando debido a la violencia escolar. El suicidio es un acto extremo donde no se puede aguantar más. Los profesores, si ya sabían lo que ocurría, debían haber dado la voz de alarma y no quedarse callados mirando hacia otro lado como si nada ocurriese. Es un acto de cobardía que no hubiesen hablado, y lo mismo pienso de Cecilia y de M. Ángel. Se puede ser leal a un amigo, pero si le están maltratando no es un tema para callarse la boca. Por otro lado, opino que se exageran demasiado algunas reacciones. Por ejemplo, el intento de suicidio de Alan me parece un remordimiento demasiado exagerado, ya que el también pegaba y estaba con Salva y compañía en sus fechorías. En cambio me parece muy real otra actitud: cuando Salva, Cafre, Segis y Alan se enteran de la verdadera razón de la muerte de Jacinto, intentan hacer como si ellos no hubiesen hecho nada y "camelan" a M. Ángel. Verdaderamente pienso que es ésta la actitud que mejor se identifica con la realidad, ya que los matones, por así decirlo, al ser descubiertos, o estar a punto de ello, intentan agacharse y esconderse de sus actos y no dar la cara por ellos. A pesar de los aspectos del libro que no he visto bien, la historia es en sí triste y realista, y en mi opinión el modo en que se narra es agradable, sin pararse demasiado a describir las cosas. Es un libro ameno y fácil de leer.

Lucía R. (membro do club de lectura NA Estrada-525)

9/12/09

A metamorfose, de Franz Kafka


A historia cóntanos a transformación de Gregor Samsa, quen un día espertou transformado nun insecto, o que supón un grande cambio no tratamento que recibe por parte da súa familia dende a axuda inicial ate o rexeitamento pleno. Cos apuros económicos da familia pola incapacidade del para traballar, chegan os principais problemas de aceptación que esta historia nos amosa. Serás quen de perdelo?




María.

18/11/09

Frankenstein, de Mary W. Shelley

Esta novela do Romanticismo é un clásico da literatura de terror que aborda un tema de absoluta actualidade: a investigación científica aplicada á creación humana (chamémoslle clonación, células nai ou selección xenética).
Victor Frankenstein é un investigador que pretende crear un ser vivo a partir de restos de cadáveres, pero unha vez que o consegue se lle plantexan toda unha serie de dúbidas morais sobre o acto, máxime cando a súa criatura comenza a pensar, falar e desexar unha compañeira...
As relacións amistosas, familiares e sentimentais (que tamén as hai na obra), a concatenación de catástrofes e o medo acuciante vas ter que lelos; porque non chos podemos contar, hai que sentilos!

2/11/09

Freda


Esta é unha das novas adquisicións da biblioteca do MGB. Ao longo das viñetas en branco e negro desenvólvese unha historia de emigración, de desarraigo, de carencias afectivas tanto no país de acollida coma na terra natal á que se retorna. Para non perdelo!