29/1/11
"Orgullo y prejuicio" de Jane Austen
No noso club de lectura comezamos o ano da mellor maneira posible. O libro escollido para este mes foi Orgullo y Prejuicio, de Jane Austen. Este clásico da literatura anglosaxona introdúcenos no ambiente da campiña inglesa, presentándonos a personaxes dispares e ben definidos, entre os que destacan Elizabeth Bennet e o señor Darcy, protagonistas da historia.
O personaxe de Elizabeth (ou Lizz) destaca pola súa sensatez e madureza, así como pola súa intelixencia, o que contrasta co comportamento das súas irmás máis novas. En canto a Darcy, móstrase como un home arrogante e demasiado orgulloso, pero que no fondo oculta un corazón desbordante de bos sentimentos.
Para complementar a lectura desta obra e poder analizala desde diversos puntos de vista, vimos algúns fragmentos da película homónima dirixida por Joe Wright en 2005, e tamén da serie producida pola BBC en 1995.
Marta, membro do club de lectores NA Estrada-525
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario