9/12/09

A metamorfose, de Franz Kafka


A historia cóntanos a transformación de Gregor Samsa, quen un día espertou transformado nun insecto, o que supón un grande cambio no tratamento que recibe por parte da súa familia dende a axuda inicial ate o rexeitamento pleno. Cos apuros económicos da familia pola incapacidade del para traballar, chegan os principais problemas de aceptación que esta historia nos amosa. Serás quen de perdelo?




María.

18/11/09

Frankenstein, de Mary W. Shelley

Esta novela do Romanticismo é un clásico da literatura de terror que aborda un tema de absoluta actualidade: a investigación científica aplicada á creación humana (chamémoslle clonación, células nai ou selección xenética).
Victor Frankenstein é un investigador que pretende crear un ser vivo a partir de restos de cadáveres, pero unha vez que o consegue se lle plantexan toda unha serie de dúbidas morais sobre o acto, máxime cando a súa criatura comenza a pensar, falar e desexar unha compañeira...
As relacións amistosas, familiares e sentimentais (que tamén as hai na obra), a concatenación de catástrofes e o medo acuciante vas ter que lelos; porque non chos podemos contar, hai que sentilos!

2/11/09

Freda


Esta é unha das novas adquisicións da biblioteca do MGB. Ao longo das viñetas en branco e negro desenvólvese unha historia de emigración, de desarraigo, de carencias afectivas tanto no país de acollida coma na terra natal á que se retorna. Para non perdelo!

13/3/09

Arrugas


Este cómic trata con sensibilidade e tenrura unha situación ben difícil: o internamento nunha residencia da terceira idade dun paciente de alzheimer.

13/2/09

Retorno a la tierra

A triloxía (ate o momento) de Retorno a la tierra recolle as peripecias dunha parella nova que abandoa a cidade para vivir no campo. Nos pequenos capítulos nos que se estrutura a obra, preséntansenos anécdotas das persoas do pobo, reflexións sobre o cambio de vida, as desavenencias
matrimoniais, os obxectivos persoais...
Para disfrutalo!
(Sobre todo a partir dos 30)




No pasarán

Nos dous tomos de ¡No pasarán! Giardino presenta ao seu personaxe Max Fridman durante a Guerra Civil española. A súa colaboración cos republicanos, as relacións coas Brigadas Internacionais e un panorama da situación política, social e etnográfica do momento.

Mi madre era una mujer hermosa

A lembranza da familia amósase sen sensiblería. Os conflictos son narrados por unha muller nova que pretende reorganizar o núcleo familiar.

Aya de Yopougon

Aya, unha adolescente, reside nun suburbio. O seu obxectivo é estudar unha carreira, mentres o afán das súas amigas é casar. Xa están na biblioteca os tomos 2 e 3 desta serie. Se che gustou este, segue lendo!

De profundis

Este cómic é o froito da película do mesmo título. Unha visión lírica sobre un pintor que ao morrer no mar descobre o universo (animal, vexetal e de seres míticos) que antes recreara nos seus cadros.
Sempre é un pracer ler e mirar a obra de Miguelanxo Prado; aínda que se bota en falla a magnífica música da película.

Cómo no fui secuestrado en Afganistán

Dado o gran número de analfabetos en Afganistán, o Goberno contrata a un ilustrador para que faga unha versión da Constitución en cómic.
Dende a mirada extrañada do debuxante occidental contemplamos a crítica aos varios factores que na actualidade conflúen neste país: os costumes, as actuacións das ONG's, a situación prebélica...