20/2/08

Maus


Este cómic mereceu o premio Pulitzer. O autor, tentando recrear a súa historia, a través dos recordos do seu pai, presenta as vivencias dos xudeos durante a época de ascensión do nacismo e a vida nos campos de concentración.
As ilustracións en branco e negro e con dureza nos trazos, forman viñetas abigarradas de contido. As personaxes caracterízanse como animais, así os xudeos serán ratos, os nazis gatos e os polacos, cerdos.
Outro título que non deberías perder! Descubrirás que os cómics non sempre son para os máis cativos.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Gostei muito de maus.
Gostei de que o pai do protagonista, o supervivente do campo de concentraçom nom fosse perfecto, mais bem um tipo difícil de aturar, porque elimina esse maniqueísmo de bons e maus.
Gostei de que o velho lhe contasse a artie as cousas mais terríveis do holocausto entanto fazia bicicleta ou selecionava pílulas. Contar a História desde a cotidianeidade...
Gostei de que as personagens tiveram faces de animais: ratos os judeus, gatos os nazis, metáfora comprensível coa citaçom que o autor faz referindo-se a mickie mouse.
Gostei de que reflectisse que as vítimas da barbárie tenhem muitas formas de reaccionar a esta, de que nom sempre se comportam como heróis e que isso nom as faz menos vítimas .
Gostei de que mostrasse como a barbárie nom acaba coa geraçom que a viveu, mas que continua latente nas geraçons posteriores se é silenciada.

gostei muito, sim.

susarins

Andersen dijo...

Eu disfruto dos cómics que serven para afondar nos temas máis espinosos... Xa todos limos Persépolis? Aínda que non trate da 2ª Guerra Mundial?

Anónimo dijo...

foi a minha leitura de nadal: persépolis, e bordados e pollo con ciruelas.
e nom lim mais da satrapi porque nom dei com eles.
de persépolis gostei muito, ademais de pór-me ao dia coa história da pérsia.
bordados é mui recomendável para romper-nos os esquemas às europeias, que igual pensamos que para as mulheres do islam só há burkas e mais nada.
mas o que mais me impactou foi o último que lim: pollo com ciruelas. o protagonista é um homem que decide deixar-se morrer, ao que ninguém faz mudar de ideia, nem polas boas nem polas más, nem usando uns argumentos nem outros. E só ao final descobres por quê é que quer morrer, e nom podes evitar sentir simpatia pola sua dor.

REcomenda mais, que já nom sei por onde seguir nisto da banda desenhada.

susarins.

Andersen dijo...

Suarins:
Acordeime dalgún cómic que podería interesarte... Hai unha serie (tres, que eu saiba) titulada Blacksad onde o protagonista é un detective. Todas as personaxes responden a animais (as fábulas de novo) como en Maus. Xa coñeces a Schuiten o autor de "La chica inclinada entre outros"?
Boas "cómic@s" lecturas