20/2/08

Enderezo descoñecido


Esta breve novela foi publicada nos anos 40 e sorprende a lucidez da autora en percibir os primeiros movementos do nacionalsocialismo que logo conducirán aos guettos, campos de concentración e de exterminio.
Martin e Max, socios dunha galería de arte en EE.UU., manterán unha relación epistolar dende 1936 xa que Martin decide establecer a súa residencia en Alemaña. Os dous amigos verán que as súas posicións vitais se polarizan cando Martin incorporase ao movemento nazi e renega de Max, xudeo.
Unha novela para non perder!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Despois de ler El niño con el pijama de rayas tiña o desexo de ler unha obra que realmente plasmase a realidade do momento, e esta obra faino en forma de cartas. Non é necesario presenciar asasinatos ou torturas para comprender o que pasaba, tan só ver como algo ou alguén influiu tanto na mente da xente como para que incluso rexeiten ós seus seres queridos é suficiente.

Paula

Anónimo dijo...

O máis destacable da obra penso que é o cambio de ideais dun dos protagonistas e o deterioro da amistade.