13/1/08

Seda


Esta obra será unha das comentadas na próxima reunión do Club de lectores, pero por se queres ir abrindo boca... Un comerciante recorre toda Europa e Asia na procura dos mellores exemplares de gusanos de seda. No camiño atopará experiencias persoais inesquencibles como o amor.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha obra moi breve que conta unha historia plena. Cando rematas a historia tes a sensación de emerxer dunha vida intensa, chea de viaxes, aventuras, paixón, amor, intriga...
Sorprendeume o papel da muller do protagonista, unha personaxe que ó principio semellaba un secundario sen máis e que resulta ser máis importante do que incluso o seu home sospeita. Aínda estou dubidando entre admirala ou compadecerme dela.

Andersen dijo...

Alguén pode comentar que tal é a película que está nas carteleiras sobre a novela?

Anónimo dijo...

Lin esta obra para este mes (maio, amor) e encantoume.
Os libros de viaxes non son os meus preferidos, pero este foi unha excepción xa que os de temática amorosa si ó son. Non vin a película pero gustaríame, gustaríame saber como son eses ollos sen rasgos orientais. Coincido coa persoa que deixou o primer comentario en que sorprende moito como a muller de Hervé pasa de ser un personaxe secundario a ser imprescindible na historia.

Paula.

Anónimo dijo...

Exotismo e lirismo mestúranse nesta obra amorosa na que case perdonamos ao protagonista.