13/1/08

Delicioso suicidio en grupo


Nesta obra do recoñecido escritor finlandés Arto Paasilinna, mostra con humor unha problemática social nos países nórdicos: a alta incidencia de suicidios.
Se desexas ler outros títulos do autor, xa están traducidos El molinero aullador e El año de la liebre.

1 comentario:

Anónimo dijo...

O autor aborda un dos dramas sociais de Finlandia, as altas cotas de suicidio, como metáfora do suicidio da sociedade occidental civilizada, despoxándoo da súa carga dramática a través dun humor ácido, absurdo, e ao tempo cándido e doce.

Por medio do relato dos diferentes motivos de suicidio dos membros do grupo abórdanse temas dramáticos presentes en Finlandia e calquera outro país dos chamados desenvolvidos: malos tratos, fracaso empresarial, quebra económica, fracaso nos proxectos e relacións persoais, comisión de delitos de fraude, morte dun ser querido, inadaptación social, alcoholismo, etc. Realizando unha crítica ao consumismo, a publicidade, á superficialidade das relacións, ao peso da economía, á presión social, ao materialismo, e en definitiva ao mundo occidental "civilizado".

Esta crítica á sociedade occidental deixa aberta unha porta á esperanza co final da aventura.