13/1/08
Odisea
Unha lectora sacou a colación a obra clásica da Odisea, que sen dúbida é unha obra de viaxes, na que Ulises (Odiseo) deberá mostrar toda a súa astucia e intelixencia para voltar a casa tras enfadar aos deuses. Esta obra é primordial na nosa cultura occidental xa que da lugar a múltiples recreacións da historia, dende películas, cancións, ate obras literarias, entre as que destaca o Ulises de James Joyce.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Cando lin este libro tiña quince anos e estudaba latín. Non pensei que ía vivir a mesma aventura de Ulises, tentar ser como Telémaco e axudar a Penélope. Nesta obra, ademais, ten como aliciente que os deuses compórtase caprichosamente como humanos, e os humanos, sobre todo Ulises, paradoxicamente, como deuses. Fortaleza e amor verdadeiro (matrimonial, filial e amizade) espállase ao longo de toda a obra.
Publicar un comentario