21/5/11

A praia dos afogados, de Domingo Villar.

O libro que lemos no mes de Abril foi ''A praia dos afogados'' do amplamente coñecido escritor Domingo Villar. Nesta obra, o autor narranos os traballos polos que teñen que pasar os protagonistas, o inspector Leo Caldas e mailo seu axudante Rafael Estévez, para esclarecer a extraña morte dun mariñeiro da pequena vila de Panxón, preto de Vigo. Ademais da tarde de discusión lectora e dos bos momentos pasados lendoo, a lectura deste libro implicou participar nun fermoso roteiro polas terras que se amosan no libro e pasar unha entretida tarde cos amigos na fermosa vila de Panxón.




Javier, membro do clube de lectores NAEstrada-525

1 comentario:

Andersen dijo...

Os fans de Leo Caldas disfrutamos dos xiros na trama policiaca, dos cambios inesperados, e xa estamos á espera da terceira entrega (disque está no prelo).
Comparto con Javier o gusto de ver os lugares da novela e das explicacións alí referidas por Xosé Luís Villar.
Mayte