7/2/12

Mensajes, de Mariano Casas en decembro

Mensajes  é un comic breve do autor de procedencia madrileña Mariano Casas, profesor no IES Manuel García Barros e membro do club de lectura NA Estrada-525. Este libro preséntanos un futuro distópico, preto da fin, no que unha parella se ve obrigada a sobrevivir en condicións extremas (encerrados e sen apenas víveres). Pero, máis que iso, Mensajes é unha obra que nos conciencia sobre a importancia de deixar constancia dos nosos actos, ademáis de ofrecer unha interesante perspectiva sobre como se deben narrar. Un estilo visual minimalista completa esta obra.

1 comentario:

Mayte Leis dijo...

Na charla sobre o cómic acompañounos o autor, compañeiro no club de lectura, e explicounos a xénese da obra, os lugares e elementos que lle suxiren unha narración e as imaxes que lle son queridas.
Aprendimos moitísimo sobre a escrita do cómic. Esperamos a que volva a encher outra libreta para ver un novo cómic no prelo.
Mayte