26/3/08

Cartas de inverno


Agustín Fernández Paz conta unha historia do seu xénero favorito: o misterio. A trama nos chegará aos lectores en "flash-back" porque o protagonista envíalle ao seu amigo Xabier unha serie de cartas nas que fai visible o seu medo. Xabier axudarao, pero antes deixará preparada toda a documentación e unha carta para que a súa irmá a entregue á policía se lle pasara calquera cousa.
Podes consultar: www.filix.org/ranholas/Acartas.html

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Penso Agustín Fernández Paz é un dos mellores escritores de literatura infantil-xuvenil.
Xa hai tempo que lin esta obra, e realmente pasei medo. Rematada a historia segues pensando se todo eran alucinacións e coincidencias ou se realmente había algo sobrenatural naquela casa.

Paula

Anónimo dijo...

Eu tamen lin o libro hai tempo. Ten a intriga que caracteriza aos libros de Agustín pero o final é algo decepcionante...

Alba

Anónimo dijo...

Coido que o misterio é o tema favorito de Agustín e no que acada os seus mellores textos porque é quen de misturar os medos ancestrais da cultura galega con aqueles outros universais. En realidade, fascínanme moitas das súas novelas, especialmente Noite de voraces sombras, onde o medo só procede do recordo do vivido na Guerra Civil española.
Para Paula e Alba, estades invitadas á lectura de toda a obra deste autor. Preguntáde.

Lucía dijo...

É moi intrigante a rapaza da guía que aparece no libro, e tamén as cousas que ocorren na casa. Encantoume o suspense que se lle da á obra e o final que ten, aínda que é moi triste e inxusto polo que lle pasa ao protagonista.