27/3/11

Cometas en el cielo, de Khaled Hosseini

No mes de Marzo, a lectura escollida foi "Cometas en el Cielo" do escritor afgano Khaled Hosseini.
A novela é dura, moi dura, pero ó mesmo tempo, moi fermosa. Trata temas como a desigualdade entre sexos, a discriminación entre razas, a amizade e a crueldade dunha guerra. Todo isto tendo como escenario o país de Afganistán. A personaxe principal é Amir, e vemos a súa vida dende que é neno ata que xa é adulto. 
A novela non é, ao meu parecer,  recomendable para persoas sensibles, xa que non serán capaces de conter as bágoas.



Xoana, membro do clube de lectores NAEstrada-525

1 comentario:

Anónimo dijo...

Esta novela é precisamente para as persoas sensibles que sexan quen de valorar a evolución das personaxes e como as circunstancias históricas van construíndo ás persoas.
Mayte