31/3/08

Irena Sendlerowa, el ángel del ghetto de Varsovia


Unha das lectoras do club nos fixo chegar este libriño que non acada valores literarios, pero si rezuma humanidade. Xa que recolle a historia real dunha muller que axudou ás nais e os bebés durante o periodo da Segunda Guerra Mundial e o nacionalsocialismo en Polonia.

27/3/08

Carta de una desconocida, Stephan Zweig


Unha muller escribe unha carta sentimental ao amor da súa vida.
Zweig reflicte nun breve espazo a figura dunha muller por riba do seu tempo. Xa liches Veinticuatro horas en la vida de una mujer?

26/3/08

Cartas de inverno


Agustín Fernández Paz conta unha historia do seu xénero favorito: o misterio. A trama nos chegará aos lectores en "flash-back" porque o protagonista envíalle ao seu amigo Xabier unha serie de cartas nas que fai visible o seu medo. Xabier axudarao, pero antes deixará preparada toda a documentación e unha carta para que a súa irmá a entregue á policía se lle pasara calquera cousa.
Podes consultar: www.filix.org/ranholas/Acartas.html

"Cartas de mamá" en Las armas secretas


Cortázar é sempre unha aposta segura, un autor para revisitar ou para coñecer. Neste conto a nai mostra as súas inquedanzas e fainos copartícipes dos secretos...
Como xa tés o libro nas mans, podes descubrir a pequena obra mestra de "Las babas del diablo", ou aventurarte noutros contos do autor como "Casa tomada","La señorita Cora" ou os textos de Historias de cronopios y famas.

La amigdalitis de Tarzán


Un home e unha muller manterán a súa amizade ao longo dos anos a través das cartas.

22/3/08

84, Charing Cross Road


Aínda non a liches? Nin a viches en película ou no teatro?
Este é un dos textos que non deberías perder... A deliciosa relación entre unha lectora maniática e o seu libreiro ao longo dos anos nos arrastran polas follas deste libriño mostrando a evolución das personaxes.

Laluna.com


A revisión do texto Cyrano de Bergerac dá lugar a unha fresca novela xuvenil na que as mensaxes se intercambia vía correo electrónico, pero segue a haber un amor imposible entre Amador e Cyra. Ésta axuda a súa amiga Cristina a conquistar o corazón de Amador, namorado das verbas que lle envían.

Cartas desde mi molino


Nesta obra clásica na literatura francesa, Daudet recopila textos que previamente publicara nos xornais. Neles mistura a realidade, a nostalxia de Paris con a narración dos costumes locais.
Podes acceder a algunhas das cartas dende: href="http://es.wikipedia.org/wiki/Cartas_desde_mi_molino">

Cartas de amor


As cartas enviadas por diferentes personaxes e con diversos propósitos presentan a cruda realidade dende a perspectiva do amante. Así unha moza escribirá ao seu amor separados polos quilómetros que median entre o Sáhara e Cuba. Outra mostrará o seu amor cara a unha amiga. Unha muller narrará a familia do home a morte deste tras o viaxe en patera...
Unha obra que non deberías perder, porque sempre haberá unha historia que te seduza.
Tés máis información en: http://www.readgalicia.com/books/cartas-de-amor/

2/3/08

Tú, mío


De Luca presenta a Segunda Guerra mundial a través dos ollos dun rapaz que recibe os comentarios do seu tío.